As maléficas

Quixo a sorna luguesa, ou foi cousa do “aséptico” libremercado, que as maléficas se xuntasen nas súas campañas electorais. Azuis. Xélidas. Unha enriba da outra. Tanto monta, monta tanto. Malvadas con eslogans intercambiables.

Vota PP. NoCreasEnCuentosDeHadas.

Coma no peor dos pesadelos. Pero real. Ogallá só o poidamos ver a partir do 25 de maio en cines.

Maléficas

Si ó futuro, si ós soños, si ós contos (do pobo para o pobo).

2 thoughts on “As maléficas

  1. Si a Alex Ghalpon. Si aos seus contos. Si aos seus soños. (Ía rematar cun “Ou, capitana, miña capitana!” pero xa me parece excesivo ;-). Que bo ter de volta esta ventá onde mirarte (mirarme, mirala, mirarnos).

    • Aquel día emocionáchesme coas túas palabras, e logo fun deixando contestarche nun momento máis pousado. Ti si que es capitana, miña comadre! E es ventá onde debruzarme a conversar e mirar(me)(nos). Creo que vou volver asomarme máis por aquí, hai alegrías que só veñen cando son un pouco Ghalpon 😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s