Sabela, dame la mano para cruzar!
Antía, sube al columpio, que la niña te deja.
Mira que perrito tan lindo, Brais!
Chegará ese momento en que a lingua só sexa unha pegada de nomes bonitos?
(-Se llama Lúa
-Ah, que bonito, ¿y eso de dónde viene?
-Es gallego…)
Chegará? Unha lingua que servirá para vestir o nome dos nenos pero non pra lles dar de mamar, unha lingua mai morta. Unha lingua pra vestirse coma que pon o traxe tradicional, que bonitiña vai, no domingo das mozas. Chegará? Deixaremos que chegue? Deixaredes?
Boa tarde.
Son Francisca, animadora sociocultural adicada tamén ao teatro aficionado. Traballo en varios centros de ensino, tamén con xoves e con xente maior. Tras ler este texto, tan acertado, e que tanto move a reflexión, decateime de que é moi axeitado para poñelo como introducción a unha pequena obra de teatro que estou a preparar cos nenos nunha escola de Monforte de Lemos. O texto para a obriña é de Manuel Núñez Singala, “Comedia Bífida”, naturalmente adaptado aos nenos e nenas que participan. Os seus comentarios sobre os nomes galegos, sobre a língua, quedaría moi atinado nos dípticos e carteis para a estrea, encantaríame poder añadilos, sempre que teña o seu permiso, claro. É por iste motivo que me permito enviarlle esta mensaxe.
Se a vostede lle parece ben, fágamo saber. Se non, igualmente mil gracias e mil desculpas polo atrevemento.
Saudos cordiais. Francisca Abeledo
Ola, Francisca.
Podes botar man dos textos sen problema ningún, son eu a que che agradece o teu interese e as túas palabras. Ogallá a obra de teatro leve á reflexión e ó gozo coa nosa lingua, e os nenos e as nenas e os pais e nais dean pasos adiante para a supervivencia do galego. Gustaríame moito saber da obra cando a vaiades facer, heiche mandar un mail para que manteñamos contacto.
Saúdos agradecidos,
Alexandra
Ola Alexandra. Mil gracias. Ireiche contando detalles da montaxe. Confío sempre no poder engaiolante da dramatización para dar pasiños e as veces saltos enormes no “contaxio” do entusiasmo pola nosa língua e a nosa cultura. Arando e sementando con paciencia, xogando e a poucos, vai prendendo o gusto polo son da língua e a historia da cultura propia. Todo leva o seu traballo, mais no meu caso é un traballo ben gostoso. Iremos falando. Saúdos e moitas gracias de novo polo teu interés.
Francisca.