15 anos

15 anos: 3 amores, 4 amigas, 4 amigos, 3 traballos, centos de compañeiros e compañeiras, a Ribeira de Piquín, Compostela, Fene, Ribadeo, Ourense, Miño, Muros, Lugo, Silleda, Pontevedra, Vilalba. Romeán, sempre Romeán, a Itaca na palleira, e Castroverde. E 1 filla, unha filla… Cantas cousas vividas, aprendizaxes, risos e bágoas, e ti non estabas. Tempo de perdas e ganancias, memorias soterradas que agurgullan sen programación, e ti non estabas, pero estás sempre. Coma un estrato ben asentado, profundo, parte da materia que son e serei.
Nos días sinalados: 23 de setembro, 18 de marzo, 11 de novembro, 18 de novembro… e nos que non o son, nos que se abre unha pequena fenda, unha pequena regaña, e apareces ti, cunha flor na man, unha película baixo o brazo, unha palabra na túa lingua, un sorriso ilumilado de pencas.

Nós.jpg

2 thoughts on “15 anos

  1. hai uns anos nos que parece que os acontecementos máis grandes da nosa biografía se concentran. e o resto discurre coma un río manso… se unha é un río manso 🙂
    Parabéns polas horas felices e polo aprendizaxe das malas horas. E pola túa nena, sempre.

    bico

  2. Pingback: O río, a vida – Alex Ghalpon

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s