Agora máis que nunca quero saber
qué clase de beleza é a que me deixa así,
outra vez
coa palabra nos ollos.Lucía Aldao
Poema do libro Unha ducia (máis un), Lucía Aldao + Luis Muñoz
As fotos, feitas co móbil, foron feitas na praia e dunas de Baldaio, nun día de sol e amizade. Pra eses amigos cos que compartimos o sol e a area dese día é, especialmente hoxe, esa luz e esa cor, o olor a salgado, a palabra de amor.
A flor é a Cebola das gaivotas (Pancratium maritimun L.)
Ai, meu querido Marra, es un tesouro, e que nome máis bonito! Quedei presa das plantas das dunas, teño que quedar contigo e ensinarche as outras fotos pra que me ilumines cos nomes. Bicos