Días de crianza

-Mamá, ponme a Sés.

-Vale… sempre a Sés, sempre a Sés… 🙂

A música comeza a soar no coche á volta da escola.

-Pero, mamá, non che dixen que o puxeras empezado [enténdase: non che dixen que puxeras o disco desde o comezo].

-E logo cal queres que che poña?

-Con aire fresco de mar…

-curo feridas e…?

-loitos.

A Leonor, con 4 anos e 4 meses e medio, e a Alexandra, que por veces pensa que está axudando a medrar un unicornio.

20160802_171210


A Sés, desta volta a Milonga de aquí, é parte fundamental da banda sonora da crianza da Leonor. O unicornio da imaxe é o que buscamos ela e máis eu na expo do Bosco no Prado, e alí estaba bebendo na lagoa, e que logo apareceu enorme na fermosa videoinstalación El jardín infinito coa que rematamos outra grande experiencia xuntas (coa madriña Lali, xaora).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s