Costureiriña bonita

Se tes mirado por esta ventá, saberás que hai unha muller que ten unha nena. Que esa nena ilumina coa súa mirada moitas palabras da súa mamá. Que está presente aquí en palabras e nalgunhas imaxes de esguello, fuxidía, co seu rostro gardado agás naquela ecografía…

Andamos polo mundo e no entroido ou noutros momentos a súa mirada é enfocada pola mirada doutr@s, que a espallan polo mundo dixital. Hoxe vouno facer eu chea de orgullo inda que con algo de pudor. As fotos fíxonolas o grande Xurxo Lobato no Domingo das mozas, a mellor festa do ano xunto coa noite de San Xoán.

O día foi feliz, estreamos traxe tradicional: algo prestado da Carme de Vilalba, tan xenerosa;  o mandil de mostra tecido pola Noela e, como un tesouro, a miña saia e a roupa toda da nena, feitas pola nosa costureiriña bonita.

A costureiriña bonita, miña mai, súa avoa, agasallounos con aquilo que é o mellor agasallo: o tempo, que non volve atrás. O tempo, o esforzo e a ilusión de facer coas súas mans a nosa alegría. É un pracer sempre axudala niso, hilvanar proxectos, deseñar aventuras. Como a aventura de criar esta nena.

Beizón tamén ó Seixas por levar ó ordenador os debuxos que, desde unha foto antiga e desde o beiril da casa da Meri e do Rego de Romeán, foron parar á saia da Leonor e á miña.

_a-mama-e-a-nena-do-domingo-das-mozas

_a-mama-e-a-nena-do-domingo-das-mozas-cor


Fuxan os ventos, A costureira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s