Chamo por vós

Nesta noite de Santos pra Difuntos, chamo por vós. Polos meus difuntos. Anque doa a viaxe, son porque fostes, e noméovos hoxe pra recoñecer as raíces que me teñen en pé, os fíos que me tecen. A memoria é fraca, seleccionamos querendo ou non, e moitas das vivencias que permanecen son as que están cosidas con sentimentos. Foron dunha maneira ou doutra, máis ou menos tempo, con maior ou menos distancia, pero son os meus, así os recoñezo.

Chamo por vós

Xosé María

Euloxio

Rosa

Ricardo

Nahir

Carlos

Fran

Paz

Turo

Manola

Pepa

Sesé

Claudio

Cecilio

Manuel

María

Felipe

Gómez

Sexis

Baldo

Aurora

 

Chamo

polos libros, as sereas e o meu nome

pola presenza, o escano e as galletas de vainilla na alacena da cociña vella

polas noites de conversa na cama, pola area e o carrumeiro, pola fonte e o “río”

polo teu cabelo e o teu bigote, polo tractor cargado de trigo, polo teu exemplo

pola amizade limpa da adolescencia, polos soños e os risos

pola creatividade e o esforzo, pola construción do fogar

polo AMOR, polas palabras e as letras, pola entrega

polos cogumelos, a ledicia e a túa voz

pola baralla, a “escoba” e os contos na mesa da cociña

polas patacas fritidas, a conversa e a máquina de coser

polas filloas de sangue, a adopción, os aromas

pola amizade sen creba, a aperta fonda, o compromiso

polo horizonte chairego e a terra

pola elegancia e o falar

pola navalla, o chaleque, a voz infinita

pola tenrura e a delicadeza

pola xenerosidade e a resistencia

pola madeira e o corzo, pola casa e a tribu

polo sombreiro, os cabalos e as troitas collidas á mau

pola luz dos teus ollos, polo crear das túas mans, pola xuventude

polo teu sorriso, polas sobremesas das festas e a túa agudeza


Esta é a segunda vez que vai un post sen imaxes: ó igual que na primeira, quero que a imaxe sexan eles e elas, a súa memoria. O post si ten música, e é da Sés. Unha canción de amor que pode parecer que non teña que ver, pero que nunha parte di o que eu lle querería dicir a estes meus:

Estimaba de te ver, habías de vir con tempo, estimaba de te ver. Para falar, para ouvirte, para darche o meu querer.

Sés, Unha mañá de setembro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s