Ata a vitoria sempre, Fidel

Espertei neste día de outono coa túa partida, máis unha despedida de novembro. Seite referencia da miña xente, de meu avó, de meus pais. Papá Fidel chamabámoste ás veces, e eras coma un carballo grande e rexo no que se abrigar.

Coa túa marcha volveu aquel recordo intenso, xaora. No xullo do 92 acompañámoste en Compostela, e na Láncara de teu pai. Xantamos preto de ti e non sei ben como Iván conseguiu que eu me achegase. Despreguei a bandeira, anque se lixase, pra que a vise ben aquel porco de pé a carón do que tiveches que xantar, e coa túa amabilidade asinaches debaixo da imaxe do teu camarada e noso guieiro.

Xullo, 28, 92. Foron dous bicos e o roce da túa lixeira e suave barba. O meu corazón a estoupar e o Iván a rebrincar. E as bágoas de meu pai cando lle contei o que acababa de acontecer.

dsc_6958-002

dsc_6966

Carlos Puebla, Y en esto llegó Fidel.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s