A nena e o lume

1508187975998

Despois dunha noite e un día difíciles, abro a mochila da Leonor pra preparala pra mañá. Miña filla… Un olor de outono sae da mochila chea de follas apañadas na escola… tentación inevitable pra ela, olor que sana despois do fume.
Falamos pola tarde do lume. Quixo ver as fotos da casa de Adrián, o vídeo da estrada a Pazos, terra tamén dela, a nosa casa da Ermida. “Mamá, que feo, que triste ese lume. Arden as casas e as árbores e a herba. Se arden non teñen onde vivir os animais… nin herba pra comer as vacas…”.
“Ten que vir a auga porque a auga é boa e mata o lume”.
E segue pensando…
“Mamá, as xirafas comen as follas das árbores, e se o lume queima as árbores e as follas… que van comer as xirafas?”
Se cadra as follas da mochila lle saben á xirafa que vive no prado da imaxinación da Leonor. Alí non hai lume bravo, só palabras e trazos de futuro. Esperanza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s