Cen imaxes, instantes, palabras de cen anos pra ti, Baldo

  1. B   eleza
  2. A   legría
  3. L   iteratura
  4. D   ozura
  5. O   rgullo
  6. P   alabra
  7. E   nerxía
  8. S   ubstancia
  9. T   raballo
  10. A   ndaina
  11. N   atureza
  12. A   mor
  13. A carballeira orixe
  14. A torre co gaiteiro silente
  15. O neno agarrado ó mantelo da mamá
  16. A corredoira lamacenta que leva a Bos Aires
  17. O mar, fondura gris ou chuvia infinita
  18. O mundo desde o silencio
  19. Costureiriño bonito
  20. Andar camiño
  21. Horizonte
  22. Perú
  23. Os ollos daquel neno nos que ti si reparaches
  24. Serenidade
  25. Retratos, miradas, mans
  26. Viaxe
  27. O teu sorriso
  28. Esperanza
  29. Mundo pequeno grande mundo
  30. Que vinte anos só é un tango
  31. A banda sonora das músicas do mundo
  32. Palabra

Oculta

Esperanza

Senlleira

Idea

Armada

c’est-à-dire POESÍA

  1. Ventá, cadrado
  2. Seica París era unha festa, era arte, era luz
  3. Velia corre a ti, e rise
  4. Esa codela de pan
  5. Liberté
  6. Autorretrato
  7. O cabelo suave lapis acariña o corpo espido desa muller
  8. Camiños trazan libros
  9. Música
  10. Indíxena
  11. O escritor sen palabras diante do teu obxectivo
  12. Triángulo, luz e sombra
  13. Ti, no espello
  14. Cadeas que apretan a pel que latexa no teu debuxo
  15. Gabo ri cos seus e pra ti
  16. A nena que tamén se agarra ó mantelo materno
  17. B/N
  18. Mazás, cebolas, patacas
  19. Xornal
  20. Escultura en trazo de debuxo
  21. Viaxe a Itaca, será Bascuas
  22. Escorzo
  23. O mundo que debuxas coa liña das túas mans
  24. Calma conversa pausada
  25. O catálogo dos grandes almacéns, nova materia para botar un párrafo
  26. Cabazas, marmelo, lombarda
  27. Luz diagonal claro escuro
  28. A conversa de cine, territorio compartido
  29. Muller
  30. As túas mans anchas e delgadas, unha enriba da outra no mainel do tempo
  31. Égalité
  32. A tortilla de Toño
  33. O champán no brinde arredor da cociña
  34. A caricia de Carmen
  35. Elegancia
  36. O xersei de cor violeta e o teu aroma
  37. Libros trazan camiños
  38. Dante Darío
  39. Cada un dos teus cumpreanos, celebración de vida
  40. Atelier
  41. A Amelia fai un doce para o Baldo lambón
  42. A nena mama e ti, observador, fasnos a foto, e rimos
  43. Arte
  44. Vén Baldo recibirnos, recén peiteado e perfumado prá nosa visita inesperada
  45. Xente, xente, xente
  46. Tecer fíos arañeira ó teu arredor
  47. Aqueles limóns no atelier, os pinceis nos tarros de cristal, restos de pintura do proxecto que foi
  48. Esa nena promete
  49. Illas flotantes tatin flan dozura
  50. Curiosidade
  51. O teu cuarto tapizado de libros e lembranzas
  52. Trazo de cor
  53. Solpor atlántico, desde esta beira do mar
  54. Expor
  55. As follas da planta subliñan a mirada que ti miras
  56. Dispor
  57. A amizade compartida
  58. Esa neniña que trouxen ó mundo segue pintando mundos soñados
  59. Aprendizaxe
  60. Mateo e Alexia ó pé do teu leito
  61. O último bico que che dei, que se cadra xa non sentiches, e que eu levo cravado no corazón
  62. A neve do teu cabelo, o tacto da túa cara
  63. Arranxos florais para despedirte
  64. Memoria
  65. Baldo sempre en Bascuas cando vou a Lugo e reparo na vosa casa
  66. As mazás no cemiterio
  67. Fraternité
  68. Este 28 de decembro, o vento trouxo unha folla de carballo á ventá do teito do meu cuarto

20171228_142437-001

P.D. Hoxe cumpriría 100 anos Baldomero Pestana, fotógrafo, debuxante, viaxeiro e soñador.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s