Queda aquí
que te acollo no meu abrazo mentres esteas así de fría.
Despois,
serás regueiro polo meu corpo
ou
se cadra
bafo do meu alento.
P.D. Pra Milagros, a mestra da Leonor, a pequena que non quere cumprir seis anos por non cambiar de mestra. Pra Milagros, que sementa, rega e coida a curiosidade dunha nena que onte explicaba toda formal e contenta o que aprendera na aula: o ciclo da auga, emocionando máis unha vez a súa nai. Porque en cada recanto hai ensino e en cada recanto pode aparecer a poesía.