Eu sei

Nas 11 da noite, do 11 do 11. Sei. Quero saber. Que algún día dobrarei aquela esquina e non voltarei atrás. Non sei. Quero saber. Que collerei unha rúa infinda lastrada de memoria e alumeada de futuro. Que non camiñarei perdida, que no camiño me falarán. Quero saber. Que no camiño está o meu fogar. E sei, iso si o sei, que “a vida é un motor moi complicado i-a morte unha solemne imbecilidá”.

Tecido

 

UN DÍA

 

Eu sei que un día dobraréi unha esquina

e xa non voltaréi atrás.

 

Colleréi unha rúa de auga infinda

feita de noite e de cristal.

 

Pasarán silenciosos carros

e xentes que nada me dirán.

 

Camiñarei perdido definitivamente

e nunca máis voltaréi ao meu fogar.

 

Entón, non tendo outra cousa que facer,

seguramente poréime a pensar

que a vida é un motor moi complicado

i-a morte unha solemne imbecilidá.

 

Celso Emilio Ferreiro

Son Trío, Un día.

2 thoughts on “Eu sei

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s