Razóns

Cando el lle mandou as súas cousas por aquel amigo en común, dentro das negras bolsas de lixo viñan algúns obxectos que non lle pertencían. Aquel agasallo que ela lle fixera no seu primeiro aniversario, produtos de hixiene e cosmética que compartiran os dous e outros que non eran dela senón doutra que tamén estivera alí. Gardouno todo. Gardouno nunha bolsa dentro dunha maleta vella. Por se facían falla. Por se precisaba lembrar razóns pra aquela fuxida, pra aquela renuncia, pra aquela derrota.

Tirou aqueles botes antonte, nove anos e pico despois. Foron pró balde do lixo de reciclar. O agasallo non, aquelas horas que botou copiando os sms dun ano, contando a súa historia de amor, aquel agasallo, queda na maleta cos zapatos de verán, porque aquel agasallo é unha das razóns que hoxe mantén pra seguir empeñada en camiñar, en vivir, en amar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s