Encontro de infancias

Quixen curarche a febre con primavera amarela. E, de volta á casa logo de te recoller no autobús da escola, parei o coche e aviseite de que ía coller unha cousa. No prado de cabo do río apañeiche cucos e prímulas e co ramiño sorriches ti e os teus ollos.

Conteiche como lle aprendín o nome a esas campaíñas que abren a primavera dos prados húmidos. En Romeán ou en Roás.

Conteiche que sendo nena coma ti, apañaba cucos con miña avoa Damiana, e que ela me ensinou o nome; ese nome e o doutras cousas.

E durante un anaco fomos nenas as dúas, e a miña avoa, a túa bisa, levounos na carretilla mentres nos falaba no camiño da casa vella á nova, collidas da man a un ramiño de cucos.

20190313_172227-01

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s