I woke up in the morning

Fomos compañeiros de estudos, de traballo, de viaxe. Meu amigo desde xa non sei canto hai, acompañáchesme nas tristuras e nas alegrías. Axudáchesme a fondar na melancolía cando quixen, a curar feridas, a que me saltasen as bágoas de ilusión, a ser feliz, a amar e incluso a gozar de conducir. Uníchesme a outras persoas que me quixeron e que me queren.

Contigo saltei mil veces, chorei unhas cantas, véndote ou escoitándote, rin a gargalladas. EMOCIONEIME. Coma hoxe cando prendín a radio do coche e te escoitei cantar e a miña pel reaccionou xunto o meu corazón. Da túa man coñezo New Jersey, Nebraska, Philadelphia, Nova Iorque, Nashville… fun ó río, ó parque, ó taller, ó choio. E suei, traballando, amando, vivindo… criando unha nena que te coñece polo teu nome só, porque es coma da casa, Bruce.

E hoxe que cumples 70 aniños e eu conto os 27 dun aniversario diferente, hei pasar a noite contigo, como empecei o día. Da man do meu amigo. Da man dos meus amigos.

E así comezo un novo outono. E pasen os anos que pasen, cada 23 de setembro lembrareime de ti e del, e xuntos tararearemos unha canción túa, desta banda ou da outra do río Estixe.

1569269897467

Bruce Springsteen, Western Stars.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s