Novena. 1. Porque quero

Vouche facer unha novena. Un novenario ateo desde hoxe ata ese día que resoa no calendario desde hai case 20 anos. Porque si, porque lembro con repouso, sen obsesión, pero sen esquecemento. Hai quen me di que debo pasar páxina, pero desde hai case vinte anos pasei varias, e varias ben importantes, non estou ancorada en 1999; e tamén que non te debo idealizar, pero é que non o fago, porque tampouco esquecín os desencontros, as dúbidas e todo o non dito, que mancou tanto. Pero quero, lembrarte, falar de ti, incluso a esta pequena Leonor que sabe quen es e quen fuches pra min. Porque es un dos meus Manes, dos meus defuntos, coma o avó Ricardo, a avoa Rosa, miña tía Paz… mais ti eras min, escollémonos e amámonos.

Hai dous días un dos nosos gatos subíu a un andel e tirou unha ola de Bonxe, rompeu e dentro dela apareceu o texto que tiñanos no buzón da nosa casa: Alexandra Cabana Otero, Francisco Domínguez Pereira – Baixo.

Segues aparecendo, ás veces unha nota coa túa letra, ás veces nun recordo. Hoxe habías estar cabreado, o fascismo faise forte. Pero se cadra deitabámonos e liamos nunha novela ou un poema. Hoxe toca este, composto por versos doutros un domingo calquera, grazas ás amigas Aldaolado e á ansia dunha Leonor de inda non cinco anos por aquel entón. Penso que che había caer ben, e ti a ela tamén.

Escribir

Dilúese

na cestiña da noria

ollos que parecen pizzas.

Non temas.

É facilísimo.

Es bo mariñeiro, Ulises.

[…] Because every mistake I make takes me away from my home […], Morgan, Home.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s