Como puido suceder? Hoxe non estaría libre unha persoa que conduce sen carné, sen seguro de coche, que te leva enriba do capó oitenta metros costa arriba, que quere marchar. E o alcol. Melloramos, cando menos na lexislación. Pero a mellora non te devolve. Lembrarase el? Como me lembro eu? Lembrarase da túa vida de 25 anos e da daquela muller maior á que levou contigo? Seguramente estabades falando con calma, como eras ti, cabo da furgoneta coa que vendías polas aldeas.
E de súpeto, todo. E de seguido, a nada.
Pra aquel home: […] all your voices in my head saying to me it was a sin, all your voices in my head saying I would go to hell, Morgan, Attempting.