Novena. 9. Loito e loita

Quedei magoada e marcada. Pero a estas alturas vexo que das mazaduras fixen músculo, mal que ben. Non sabía eu canto me ía custar rematar este novenario, pero sinto conforto en telo feito. Non hai tabús. Hei falar dos meus mortos sempre, e de ti en particular. Os porqués xa son obviedades.

Notaba que a dor me traspasaba. Doíame a pel. A roupa molestábame. Vestinme de loito días e días porque non sabía nin como afrontar a cor, porque as miñas mulleres faro así o fixeran. A organización da ausencia. Os amigos. Volver á nosa casa. Asentarme de novo nela. Organizar as túas cousas. Saber. E botar en falta as conversas.

Non era capaz de ler. Meses máis tarde lin Pensa nao, do Anxo Angueira, e foi o primeiro refuxio literario trala túa morte.

Mais non quedei ancorada. Amei despois de amarte a ti. Tiven proxectos, fíxenme profesora. E fun nai. E hai un futuro cheo de plans. Somos collages de moitos retallos, non hai mortificación. Lembrarte non é colocar un cilicio no corazón. É saber quen son.

1574113665717

Voy a pensar en ti,
y no olvidar tu nombre
creo que me perdí.
no se por qué ni donde.

Tengo nubes en los ojos,
y en los recuerdos humo,
tengo los pies rotos
y en la garganta un nudo […]

Morgan, Sargento de hierro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s