Baixo as estrelas

Sobre a herba triscante

da noite fría

pasos de estrelas no chan.

***

O fume da cheminé

semellaba ser

aurora boreal sen cor.

***

Baixo o cinto de Orión

anuba o meu bafo

e dorme a miña calma Itaca.

Bo ano MMXX, que poidas converter en realidade as túas máis fermosas fantasías. Que poidas transformar coa imaxinación a realidade que amosan os teus ollos e que teñas forza pra cambiala pra mellor.

Melodie Gardot, If the stars were mine.