Os calcetíns tecidos por unha avoa son só quentan os pés.
Punto a punto, rea a rea, volta do dereito, volta do revés. Tempo. Palabras e silencios. Adicación. Os teus calcetíns son tesouros. O labor que se lle adica a outra persoa. Lonxe de mercantilismos, agasallar cun labor propio é outra cousa. Agasallas o teu tempo, o teu traballo, un proxecto que é moito máis ca un obxecto. Así o aprendín e así o aprenderei.
A min tamén me tarda verte, Damiana do Mercador, mentres tanto quento os meus pés co teu tecido de tempo e amor.

Magín Blanco, A nana da avoa.