Viaxe á infancia

Viaxe interespacial á infancia, nunha nave-libro na que hoxe subo a miña filla. Na explosión do recordo aparece meu irmau, e meu curmán Xacobo, e a Carrasqueira en Bueu, na casa escura e fresca. E a nosa avoa Rosa, pequeniña e enorme, muller brava e rideira. Baixaremos á Rabaleira, floriñas violetas colonizan muros vellos, a avoa de loito tombada ó sol, mandilón negro ou de alivio. Se hai sorte levarannos a Area de Bon, a praia perfecta, a das tardes de infancia feliz, de bocadillo de “queeso” con membrillo de tres colores e adubo de area, se te despistabas. Area cósmica de cunchas e estrelas, Itaca á que volver na nave espacial da memoria, con Ulises e Telémaco.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s