Alex Ghalpon naceu en febreiro do 2007 polas rúas de Compostela e de Pontevedra. Antes xa existía unha mirada, pero desde aquela a mirada pareceu querer fixarse en canto detalle e recanto se puña ao seu alcance.
As miradas de Ghalpon ás veces quedaron perdidas no ordenador e outras foron compartidas con alguén que soubo darlles forma e acompañalas cunha mirada propia. Falabarato fixo vídeos que a Ghalpon lle traen bos recordos. Os Massive Attack falaban da protección nos pendellos da Agolada; en Compostela e Pontevedra, Arab Strap cantaban reencontros; á boa vila había que volver para seguir gozando polas súas rúas e buscar os mellores graffitis; e os cabaliños namoraban a cámara na feira de Parga. Ás veces as fotos de Ghalpon teñen o privilexio de acompañar as gravacións de Falabarato, e así foi na feira da Agolada e nas insuas de Gres, e noutras ocasións as fotos de Ghalpon mestúranse coas de Falabarato, como foi no cinsento Pedroso. Ghalpon ás veces atrévese coa imaxe en movemento, e con Falabarato retratou a feira de Meira. Falabarato espertou a Ghalpon, que andaba escondida desde había tempo.
Agora cómpre perder certa timidez e compartir as miñas miradas directamente contigo, por moito que as partillas con outros sigan a ser ben saborosas.
Ogallá che gusten.
Ola Alex!
Son Óscar, o amigo de Patri, o senador enviado pola aldea de Xanaz (Guntín) ó Arde Lucus.
Foi un pracer inmenso coñecerte, e espero ter de novo ocasión de vérmonos por Lugo, por Coruña, en Betanzos ou donde sexa.
Eiquí conservas un amigo pra sempre.
Bicos e apertas, e desexando xa coñecer o resultado da túa reportaxe do Lucus máis romano (estará ben dito “romano”, coido que non, pero aproveito pra pedirche disculpas polo meu horribilis galego, malia que intentar intentoo dabondo).
Ata pronto
Óscar
Sexas benvido, cónsul Óscar, a este espazo ghalpónico! Foi un pracer tamén para min, nunha festa ben gozosa da que algunha foto porei, sen dúbida. O Lugo romano, si, romano, acolleu moita troula e risas, así que haberá que recuncar, pero volverémonos ver antes, seguro. Ave!
Víñache agradecer o xenerosísimo comentario que deixaches no meu blogue e quedei atrapada tras da túa cancela… O mar. Ítaca. O lume. As flores. A madeira. O ferro. A roupa ao sol. As luces da festa. O pan. As mans…
Creo que as nosas fotos non nos relaxan como as drogas dos 30, senón como o reflexo de soños compartidos.
Benvida á miña Ítaca virtual, Emereci. Seguiremos soñando… e compartindo soños.
Noraboa polo blog, boísimo, a partir de agora seguireino máis a miúdo! Un saúdo!
Canto me alegraron os teus comentarios, Luis! Vémonos entón por esta casa Ghalpon. Moitas grazas
Quen dixo que tardaron en servir? Quén que foi un pouco caro?
Eu xantei hoxe en Santiago e ben ricas que estaban as palabras!
Un bico!
Claro que si, Cheli. Palabras riquísimas que tiñan moitas ganas de se comunicar. Bicos
Como pode ser certo… tódalas fotografías son buenísimas… impresionantes… moi bon traballo!! bicos e kuidese.
Moitas grazas, Adrián, cóidate e expresa eses sentimentos que levas dentro e que te fan ser ti mesmo.