O momento preciso

Hai momentos precisos, nos que estás onde tes que estar. Miras e vela, ves a foto. Está aí e ti disparas.

A foto que che ensino hoxe fíxena saíndo de Santa Eulalia de Bóveda. Santa Eulalia está no Camiño Primitivo de Santiago, a uns quince quilómetros de Lugo, indo para Compostela. Alí agarda un monumento de época romana bastante descoñecido e do máis impresionante. A terra é agraria e rica, cunha arquitectura popular de grande calidade e uns camiños que convidan a andar.

Estaba por aló facendo un traballo con meu irmán, e cando volviamos para Lugo mirei polo espello retrovisor e vin a foto. Baixei do coche, chuviñaba, e fixen tres disparos. Este é o que máis me gusta: as follas, a luz e o vello.

O vello en Santa Eulalia

Se cadra soaba no coche o Bruce Springsteen, pois moito nos gusta a meu irmán e a min; así que hoxe poño a Jersey Girl, cantada polo Boss e tamén nunha boísima versión do Tom Waits.

3 thoughts on “O momento preciso

  1. Polo que vou lendo no teu blog, creo que che ha gustar darlle un vistazo a este, que tamén teño enlazado desde o meu:
    http://aquamlatam.blogspot.com/

    Tamén a el lle vou dar o enlace do teu.

    Un comentario musical: empezas citando a Leonard Cohen, agora falas de Bruce. Só falta que digas algo de Secretos para que te considere o meu alter ego.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s