A meu avó, Ricardo Cabana Ben,
no día do seu 30 cabodano.
Como pode
a memoria dos dedos
lembrar exactamente a suavidade e a espesura do teu pelo.
Como pode
entrar polas orellas
o teu respirar
debruzado na sesta de detrás da cociña.
Como poden
os meus ollos
ve-la Inés afeitándote
encostada a cadeira no mesado.
O bigote fino. A barba áspera dun par de días. A boina que che quitaba pra te peitear subida no banco.
O tractor debaixo da cerdeira
A baralla no mármore branco
O trigo no remolque
O parte na televisión, o western na sobremesa, o teu falar cariñoso, o teu compromiso.
E o teu sorriso
no meu corazón
30 anos despois.

Ai Xandriña!!!
El jue., 30 sept. 2021 23:00, Alex Ghalpon escribió:
> alexghalpon posted: ” A meu avó, Ricardo Cabana Ben, no día do seu 30 > cabodano. Como pode a memoria dos dedos lembrar exactamente a suavidade e a > espesura do teu pelo. Como pode entrar polas orellas o teu respirar > debruzado na sesta de detrás” >