Teño unha especial predilección polo Baixo Miño, tanto dun lado coma do outro do río grande.
Fernando Rodríguez expón ata o próximo día 22 a súa obra na fermosa e acolledora galería Artebronce da Garda. Anque non precisemos ningunha, esta exposición é unha boa escusa para dar unha volta por aquelas terras onde o río se deita ao mar ofrecendo fermosas illas de amores.