O San Xoán, a mellor festa do ano. Lume, paganismo, música, luz, comida, bebercio… calor e alegría. Este ano cadroume en San Xoán de Poio, así que a festa foi grande. Ademais das fotos, recollín testemuñas de certo pensamento masculino e do amor de mai que non imos tomar pola tremenda, senón coas ganas de rir que se reforzan neste gozoso tempo de verán.
Na cola das sardiñas, conversa entre o que pide e o que dá:
-E están boas as sardiñas? -Están -Están mellor no verán -No verán… home, claro! No verán ata está boa a miña mullerDiante da fogueira, amor de mai:
-Como te quemes, vas a llevar! -Vas a quemar las zapatillas!P.d. Poucas veces me custou tanto escoller as fotos para publicar, así que desta volta van moitas, e coas do lume e as ánimas que se congregaron ao seu redor fixen un vídeo, que está ao final do post. Procurei non usar flash, por iso moitas fotos están movidas e é aí cando aparecen as ánimas que saltan o lume.




















E aquí o vídeo, se pulsas en HQ podes velo con alta calidade.
No YouTube mírase nun tamaño algo maior, non dei feito para insertado no blog así. Clica aquí para velo.
Que bonitas as fotos, Xand… noraboa polo blog, ¡¡encántame!!
Que ben que che guste! Que as miñas fotos che sirvan para viaxar algo nestes días de duro estudo, que ben mereces boa recompensa ao teu esforzo! Bicos