Bicos

Mándoche unha nube cargada de bicos. Bicos de fin de verán con promesa de luminoso outono. Choiva de bicos. Bicos chuviñentos de outono que comeza con ilusión. Bicos outonais. Esmaghado de bicos. Bicos vilalbeses con aroma de queixo de San Simón. Bicos con présas. Mando bicos desde o caos. Bicos con sabor a cogumelos e aroma de follas caídas ao chan. Bicos de friaxe iluminada. Mándoche unha manta feita de bicos por se tes frío pola noite. Bicos con mel. Bicos de néboa chairega. Desfollar de bicos. Bicos soleados. Bufanda de bicos. Bicos salgados contra a xeada. Mándoche uns bicos que tiña gardados para unha ocasión especial. Bicos de luz. Fotosíntese de bicos. Constelación de bicos. Bicos solares.

Tentaremos construír unha rexa ponte de bicos, que nos acompañe desde o ano vello ao ano novo. Ogallá este 2010 che traia moitas oportunidades de dar bicos e moitas tamén de recibilos.

Non sabía que música poñer, e dando voltas atopei unha canción. Chámase Fotografía, escribiuna o grande Tom Jobim e remata falando dun beijo, así que parece acaída para hoxe. Aquí a tes cantada por Gal Costa.

13 thoughts on “Bicos

  1. Moitos bicos tamén para ti Ghalpon, nesta noite especial. Quero imaxinarte con un pantalón de vestir negro (de corte e caída impecables) unha blusa blanco roto e zapatos de ante cor camel. No colo apenas un colar sinxelo que non distraiga a atencion do teu cuello de garza. Para qué máis?

  2. Incógnito, ponlle unha bufandiña, que falta lle ha facer nestas noites de baixas temperaturas, que esta muller é máis ben friorenta.

  3. Nada mellor que este agasallo de bicos para empezar o ano, é como un cobertor de aloumiños que nos arroupa para flotar soñando.
    Mirar de día e voar de noite
    uns ollos relustran vivamente,
    nesta lúa están todos os teus bicos e así baila o mundo.

    E sigamos disfrutando do calor das lareiras
    e dos bicos

  4. Que envexa. Por certo, mioumiou pode ser un Nick masculino ou feminino… Eres un lindo gatito o una linda gatita?

  5. Fun un demo gozoso e xusto agora acabo de tomar conciencia de que, para a miña desgraza, debo desaparecer. Foi un pracer.

  6. Que saborosos eses bicos que me enchen a boca de praceres miña Ghalpon.

    Pra ti, de min, bicos con sabor a pedriñas de Santiago, sábenche?

    • Bicos que alimentan, miña Lorena bonita, son dos mellores. Moitas grazas a todos por esta orxía de bicos 😉 Que comecedes este ano con bo bicar.

  7. Ghalpon, ademais de seres unha magnífica fotógrafa, amosas grande inxenio para tender pontes.
    Bicos.

Deixar un comentario