Círculos

Camiño en círculos no tempo. Esferas de tempo. Pasado-presente-futuro que se vive nun tecido de radios de bicicleta. Interconexións. Flaxes de memoria. Déjà vu.

Se cadra é cando paso de novo por ese punto da esfera cando teño valor e sentido para actuar con xeito. Pero a esfera segue a xirar, a pelota volve rebotar, e terei que retecer o tecido.

Annie B Sweet, Shiny days.

5 thoughts on “Círculos

  1. As veces témola sensación de vivir algo que xa vivimos, pero unha cousa sí que é certa, moitas veces camiñamos por camiños polos que xa andamos, a diferencia e que ainda que o recorrido é o mesmo, xa o coñecemos, retecemos o tecido…pero sempre hai algo que nos sorprende nese camiño
    Moitas grazas e un saúdo.

  2. Fernando, esquecín darche a benvida e as grazas polo teu comentario. Entrei no teu espazo, e naveguei por esas conversas pra facer e mellorar poemas. Un bo achado. Beizón

Deixa unha resposta a alexghalpon x