Campo semántico extenso

Gasolina, ruído, camiño, silva, carballo, fento, herba, magarza, couselo, hedra, biouteiro, fío, alicate, suor, cabrinfollo, cerdeira, esas flores que ti me traes e que eu xa apañaba de pequena, musgo (que non mofo), salgueiro, abidueira, flying stones, not rolling stones, menta, caxigo, banda sonora de ruído e paporrubios, cadrís, cervicais.

Campo semántico da rozadora*, tarde de traballo físico, que xa está ben de tanta intelectualidade.

*Rozadora, en castelán desbrozadora. Se nós rozamos, chamarase rozadora (ou rozadoira), non? Se nós muximos tamén se chama muxidora, non ordeñadora.

E non cortei ningunha floriña destas, ás que inda non lles sei o nome.

2 thoughts on “Campo semántico extenso

  1. “unha ansia a un lado”
    -que dicía miña nai-

    O camiño quedouche moi limpiño (ben rozado)
    e vai dereito cara algures, non como o da miligocha!

    • É o camiño de chegada a Itaca, un dos mellores camiños. Unha ansia a un lado, tamén digo eu, si. Palabras que foron ditas e que nos gusta repetir pra seguir unidos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s