Aprender a dicir

Un ano máis, e non un ano calquera. Un ano con moitas aprendizaxes.

Ultimamente o que máis aprendes é a dicir. O 9 de decembro dixeches non por vez primeira.

-Queres máis?

-Non.

Un non rotundo e con doce ene velar. Un non que me estreitou a gorxa… Agora sabes dicir non inda que tardarás en saber dicir non, has ver como co tempo se fai difícil usar esa palabra.

O ano pasou veloz pero intenso, coma ti.

E eu poño hoxe os desexos para este ano, e ti pos os sorrisos e os bicos, que nunca che faltan e que ofreces de bo grado a quen chos pide. Ofrenda de ano novo.

A esfolladora do outono

2 thoughts on “Aprender a dicir

  1. Feliz aninovo! un grande progreso o da meniña… e tanto que costa dicir “non”
    (Un cambio de presentación do blog que me gusta moito)

    • Feliz ano pra ti tamén! Alégrame que che guste o cambio estético, deille voltas pra atopar algo co que me sentise máis identificada: novidade para un tempo novo. Bicos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s