O home curioso colleu a flor na súa man e amosoulla a ela. É a flor masculina, imprescindible como o é a feminina pra daren xuntas gozoso e verde froito.
O can, deitado no chan, alleo á curiosidade botánica, optaba pola curiosidade antropolóxica: que fará o Rubén premendo seguido cos seus dedos nese frío aparello no canto de me rascar un pouquiño detrás das orellas?
P.S. Traballando e non gozando voaba unha abella mentras acontecía todo isto. Levaba recados de amor das flores masculinas ás femininas dos kiwis da Leonor.