Novena. 7. Herdanza

Gustábache o silencio e a música. Tanto podía soar Bruce coma Loreena McKennitt.

Gustábache andar polos camiños vellos. Os soutos, os carballos, os castiñeiros.

Gustábache a túa xente, Castroverde, o teu mundo e a súa memoria.

Gustábache lembrarte dalgunha maneira cada 23 de cada mes, os sete anos e case dous meses que estivemos xuntos. Unha flor, unha nota, un non sei o que que sempre facía ilusión.

Gustábache xogar, darme medo poñendo voces doutro mundo, estar cos amigos. Conversar.

Gustábanche as historias, a Historia real e as inventadas, os libros, as películas e as series.

Gustábache escribir, escribirme cartas inda vivindo xuntos, deixarme notas. Sorprenderme. Gustábache a caligrafía, debuxar letras.

Gustábache a xustiza, saber da xente e do mundo. E defender e loitar.

Gustábache conducir, viaxar, escaparmos a outros lugares.

Gustábache axudar, gustábache axudarme, ler artigos e libros que eu tiña que ler e botarme unha man (ás veces enorme) cos traballos da carreira.

Gustábanche os nenos, e soñabamos con unha á que lle chamariamos Lúa.

Toda a túa herdanza, a túa maneira de ser e tanto que aprendemos xuntos, un do outro, os dous do mundo. Con iso vivo, e vivimos os que inda te lembramos e te queremos. Porque eras bo, Fran, porque eras bo.

1573948211341

Quedouche tanto por facer… pero eu fago e farei algunhas cousas por ti, contigo no pensamento. Non hei rematar de poñer o meu nome no libro de Le Goff (habíache gustar saber que tería que corrixir o segundo apelido), pero hei bailar esta contigo:

I don’t want to be afraid to be, at last free, flying peacefully.

Sometimes the abyss scares. But I don’t want to feel afraid. I’ll find a way to be finally free. Oh I’ll be using my wings flying peacefully.

Morgan, Flying peacefully.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s