6 thoughts on “Outonando

  1. Canta razón, señor Edelmiro! A min gústame esta estación especialmente. Os primeiros fríos, as cores, incluso a melancolía dos tardes que se acurtan. Creo que se me deran a escoller, a estación que escollería sería o outono. E se lle engadimos o lume aceso e unhas castañas asadas…

  2. Tamén eu escollería o outono. O outono cedo, outubro, ata o medio de novembro… despois os dias son moi pequenos, e as cores abraiantes que colleron os bosques vanse perdendo, esvaíndose, voando, coma as follas que llo daban.

    Hoxe estou dando unha pequena volta polo teu blog. É a primeira vez que veño, atopeite no taboleiro de WordPress, tiña unha entrada túa salientada, e vin ver. Gustoume o que vin, e por riba levei sorpresa de que tés na tua rol de blogues algúns que eu tamén teño costume de ler. (Mais penso que nunca coincidimos comentando neles)

    Un saúdo.

    • Eu veño de dar unha volta polo teu, e moito me gustou o que vin e lin. Gústame a idea de ir coñecendo novas miradas e maneiras de estar no mundo que teñen que ver coas miñas, e non deixa de ser agradable facelo a través de medios electrónicos a priori fríos e impersonais. Seguirei visitándote e se cadra falándoche a ti 😉 Saúdos

      • Pois o bo que ten a rede, é que as viaxes son curtas e cómodas; é sinxelo chegar a outros mundos (aínda que xa sabemos que todos os mundos están en nós) 😉
        No meu blog a xente que comenta, pobre, farao somentes coa intención de facerme ver que len, que pasaron por alí, porque recoñezo que as miñas entradas non son axeitadas para comentar… porque … qué se ha dicir? se moitas veces só teñen sentido para min.

  3. Iso tamén me pasa a min, tamén me parece que as máis das veces o que publico só ten significado pra min. Despois resulta que en ocasións alguén ve algo que lle interesa, e o espazo da rede achega miradas e opinións. E incluso achega persoas que nin se coñecen, unha alegría máis.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s