Ás veces os post nacen da mirada doutro. Pedras que eran Arousa son desta volta Muxía. O mesmo mar, a mesma intensidade, as prantas aparentemente fráxiles nas fendas das rexas penas. E o sol, desta volta o caer do sol.
uff… Muxía… onde o mar e o vento nos fan recordar que somos parte da natureza, un anaquiño insignificante de natureza, a nós, que cremos máis, que pensamos que podemos dominala. Sentar alí uns intres nunha pedra, cara ao mar, un dia de forte vento, fainos volver á humildade e decatarnos de como realmente somos de pequerrechiños, de fráxiles, de ananiños…. sentindo a forza da natureza, da fonda Galicia… no mesmo cu.