Novena. 2. Helicóptero.

Limpaba pola casa e sentín un helicóptero sobrevoar Compostela. Pensei nunha visita oficial ou nunha mani, e lembrei de novo aquela estudantil na que un antidisturbios cunha porra che deixara as pernas máis escuras có teu pantalón.

Soou o noso teléfono e vin que era Xurxo, o teu xefe. Ola! Fran non está, hoxe quedei eu co móbil. Xa sei, era por avisarte, Fran tivo un accidente, non te preocupes, creo que está ben, levouno un helicóptero ó hospital.

Un helicóptero.

O hospital.

Silencio. Parálise. Chamo a unha amiga e agardo a que xanten pra que me leven ó hospital. Pregunto por el. Mirada inquisitoria de quen me atende, de arriba a abaixo. Repítolle o seu nome, son a súa moza, cómo está. Podes dicirme algo pra identificalo? Descríbollo. E leva un anel de prata, como unha alianza, gravado por dentro Alexandra 23/09/1992.

Eternidade.

Volve. Dáme o anel.

Deformado.

E ti na UCI.

Non pisar

[…] Give ‘em back to me
his eyes
Give ‘em back to me
my memories
Give it back to me
everything […]

Morgan, Praying.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s