Fotos roubadas

Cando andaba facendo a tese de doutoramento a miña titora e amiga Pirusa falábame a miúdo do recortatio et pegatio, método habitual para facer traballos de suposta investigación nas ínclitas universidades. Disto inda me acordo ás veces, e pode parecer estraño, pero creo que de recortatio et pegatio nace este post.

Creo que só unha vez fixen un post con fotos de autoría distinta á miña, se quitamos tamén aquela foto da Ruth Matilda que acompañei dunhas miñas. Hai uns días merquei unha cámara nova e con fotos dela xa publiquei algúns post (permíteme facer fotos macro que coa outra tería que facer mercando un novo obxectivo). Revisando as fotos da tarxeta vin as que fixo meu irmán para probar a novidade. Aí entra o recortatio et pegatio. As fotos son del, eu só me acheguei un pouco máis recortando e encadrando, e pégoas aquí para volas ensinar. Digamos que son fotos Cabana, colaboración entre irmaos.

Polonaise, Shigeru Umebayashi, desta volta na 2046 de Wong Kar-wai.

P.D. Non poño os nomes das prantas para ver se alguén se anima a descubrilos, se cadra o amigo Marra nos dá outra gozosa lección. Unha pista só: a última non é autóctona, as outras dúas si. A primeira de todas, xaora, é o cebolo que miña nai volveu regatear este ano.

2 thoughts on “Fotos roubadas

  1. Bueeeno, xa me liache. Quen me mandaria a min…
    A primeira foto son cebolas, sen dúbida –poño cara de experto, ollade–.
    A segunda, é de certo unha flor. E é unha flor dunha Labiada. E, caseque seguro, do xénero Lamium. E atreveriame a dicir que Lamium maculatum, L. : É UN CHUCHAMEL!!!
    A cuarta parece unha simpática rá verde (croac).
    A quinta, non sei se é autóctona ou non, pero aquí hainas dese xénero. Penso que é un talo fértil de Equisetum sp. (ou RABO DE CABALO), que é unha planta parente dos fentos que medra en lugares de moita humidade. Contén moitos minerais coma o sílice. Por iso, utilízase en agricultura ecolóxica en maceración ou cocemento para reforzar as defensas das plantas e revitalizalas. Tamén en medicina natural, o cocemento para remineralizar e ten efectos diuréticos.
    E a terceira, jo!, é moi difícil, esa non a demos nas aulas… Pillácheme. ¿Pode ser o Trevo de auga?
    Bueno, avisade se metín moito a zoca, entendidos de verdade haberá por aí.
    Aproveito para recomendar un libro:
    GARCIA; Xosé Ramón: “Guia das plantas de Galicia”, Ed. Xerais,2008

  2. Pleno, querido Marra! Non agardaba menos, a verdade. Cebolas, ortiga morta, trevo de auga e equisetum. O chuchamel, como ti lle chamas correctamente á ortiga morta, é un nome que eu uso para o cabrinfollo (Lonicera sp.), inda que tamén aprendín en Corcubión a chamarlle así a unhas floriñas marelas, algo agres e non tan meleiras como o cabrinfollo: as Oxalis pes-caprae.
    Haberá que che buscar un premio…
    E grazas tamén pola recomendación bibliográfica. Bicos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s